Downey en Cowboys & Aliens

0
222

A capa do cómicO protagonista de Iron Man, Robert Downey Jr., está en negociacións para interpretar ao persoaxe principal no vindeiro filme da DreamWorks e mais Universal, Cowboys & Aliens, unha rara mistura dos xéneros de western e ciéncia-ficción, que podería servir coma futura base para novos filmes en 2010.

O acordo podería supoñer a primeira incursión no cinema de Downey dende que fixo o exitoso Iron Man para a Marvel Studios, recadando máis de 500 millóns de dólares en todo o mundo polo de agora.

Os parceiros na Imagine Entertainment Brian Grazer e Ron Howard están na produción. O presidente da Platinum Studios Scott Mitchell Rosenberg tamén participará na produción xunto cos pilares da DreamWorks, Steven Spielberg, Alex Kurtzman e Roberto Orci. Ervin Rustemagic e Rich Marincic estarían na coprodución.

Cowboys & Aliens deriva dunha novela gráfica de Fred Van Lente e Andrew Foley a partir dunha ideia orixinal de Rosenberg. A história céntra-se nunha batalla no Vello Oeste entre os apaches e mais os colonos, entre os que está un antigo pistoleiro do exército da Unión chamado Zeke Jackson (Downey), que será interrumpido por unha nave espacial que se estrela na pradeira preto de Silver City, Arizona.

A história debuxa un paralelismo óbvio entre o imperialismo dos colonos americanos que queren conquistar aos “índios salvaxes” coa súa tecnoloxía avanzada e o asalto dos áliens que queren o mesmo respecto aos terrícolas en xeral, que deberán unir as súas forzas para sobrevivir ao ataque dos invasores.