Os avións da Pixar

0
180

O filme Cars representa probábelmente un dos momentos creativos mais baixos da Pixar, pero os cartos que deixou no despacho de billetes e no conseguinte merchandising fixeron que os ollos dos directivos ficasen abertos coma pratos agardando a outra chúvia de miles de millóns de dólares.

Así pois, non é ningunha sorpresa que os estudos estean a desenvolver Planes (Avións), un filme que servirá como secuela ou spin-off de Cars, e se cadra vaia directo ao lucrativo mercado do directo-a-DVD.

De todos os xeitos, esta ideia podería mudar axiña. As dúas continuacións de Toy Story foron deseñadas nun princípio coma directas a DVD, pero finalmente foron estreadas nas salas de cinema, onde os investimentos son moito maiores, pero os benefícios (no caso de trunfar) tamén. Con Planes a empresa podería utilizar a marca xa coñecida de Cars, pero sen diluí-la demasiado, porque a secuela do filme orixinal tamén está en preparación e non queren matar á pita dos óvos de ouro.

Ao mesmo tempo, a Pixar xa está a traballar na conversión ao formato 3D dos seus filmes antigos. O primeiro na lista será Ratatouille, que “está moi aberta a algúns cambios, xa sabes, algúns cambios sutís pero lixeiros nas tomas“, segundo dixo o supervisor de imaxe estereoscópica de Toy Story 3, Bob Whitehill.