Os cristiáns, contra os superheroes da Comic-Con

819

Un grupo de fieis cristianos protestará este ano na Comic-Con de San Diego (a convención anual sobre o mundo do cómic e do xénero fantástico que se celebra na cidade californiana) porque considera que os asistentes á devandita convención adorarán a Superman no canto de adorar ao antigo deus dos cristiáns, Xesús Cristo.

A Igrexa Batista de Westboro, coñecida por permitir o matrimónio entre irmáns e por agradecer ao seu deus os atentados terroristas do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos, presentarán-se na convención con carteis para se manifestaren contra os asistentes, aos que acusan de non querer adorar ao deus auténtico, adorando no seu lugar a outros que non existen e aos que califican coma ídolos falsos.

A Comic-Con de San Diego celebrá-se entre o 22 e o 24 de xullo, e algúns grupos de fans xa declararon que estarán alí tamén para facer unha contramanifestación coa que tentarán ridiculizar a este grupo cristián.

Se esa xente gastara ainda que só fose un pouco da enerxía que gastan neses cómics en lér a Bíblia… converteron aos persoaxes de cómic en ídolos e adóranos coma tales!“, dixo un representante dos cristiáns, citando parágrafos do seu libro sagrado. “É momento de rematar con esas estupideces e volver cara a Deus. A destrución desta nación é inminente, así que comezade a chamar por Batman e Superman, xa veremos se eles poden-vos sacar do caos que vos mesmos creáchedes coa vosa estúpida idolatría“, engadiu o voceiro.