Fragmento, ao cinema

0
162

Lloyd Levin (The Green Zone, United 93) será o produtor dunha adaptación ao cinema do thriller de Warren Fahy Fragment.

A história vai sobre un grupo de científicos mariños que están a filmar un reality show para a televisión nunha remota illa do sul do Pacífico e que fican abraiados cando atopan unha terrorífica espécie nova que estivo a evolucionar aillada ao longo dos últimos 600 millóns de anos, captándo-o todo coas cámaras de televisión.

Cando a NASA e mais a Mariña chegan alí para investigar, os científicos decáta-se de que as creaturas e mais o seu ecosistema son abondo letais como para destruír o resto da Terra. As autoridades deberán decidir se esterilizan a illa ou se salvan ás terríbeis creaturas.

O mesmo Fahy escribiu o guión e cedeu os dereitos a Levin após de que se desata-se unha guerra pola propiedade desta novela, chamada “O Parque Xurásico da xeración de Perdidos“.