Mr. Hyde, o anti-heroe

0
216

A Skydance Productions, a Dark Horse Entertainment, e mais o produtor Mark Gordon unirán as súas forzas para realizar unha versión para o cinema do cómic de Cole Haddon The Strange Case of Hyde.

A novela gráfica de Haddon, que se presentará na Comic-Con, toma coma punto de partida a clásica novela de terror de Robert Louis Stevenson O estraño caso do Dr. Jekyll e o señor Hyde pero dá-lle á história un toque menos tenebroso e enfóca-se no persoaxe de Hyde para converte-lo nun anti-heroe, facendo da persoalidade dividida o centro dunha aventura na era vitorián que o enfronta contra un vilán histórico.

Haddon tamén adaptou o guión. O anúncio chega após de que tamén se fixeran públicos dous intentos de renovar o clásico de Stevenson no cinema, un deles a cargo de Abel Ferrara e o outro por parte de Nicholas Winding Refn, e de que ningún deles chegara a bó porto.