Kylie Minogue entre lobishomes

0
206

A cantante e actriz australiana Kylie Minogue será unha das protagonistas dun filme que a converterá nunha lesbiana tatuada, un drama para adolescentes titulado Jack and Diane.

A história vai sobre duas adolescentes na cidade de New York, a encantadora e inocente Diane (Juno Temple) cuxa persoalidade conquista o corazón da dura e pechada Jack (Jena Malone).

A piques de abandoar o país, Diane loita por mantér vivo o seu amor pero agocha o feito de que o seu recén descuberto desexo sexual deu-lle visións sobre lobishomes. Riley Keough é outra das protagonistas.

Un voceiro do filme dixo que “Kylie ten unha escena de amor na que bica a unha rapaza. Os seus fans estarán abraiados de ve-la neste papel, pero a súa interpretación é boa“.

Bradley Rust Gray (The Exploding Girl) dirixe este filme, cuxa rodaxe dará comezo este mesmo verán. A última vez que puidemos ver a Minogue nas pantallas foi no especial de nadal do Doutor Who de 2007 titulado Voyage of the Damned.