A Kalliope Films e mais a compañía de Michael Bay, The Institute, producirán conxuntamente unha película en 3D chea de acción e efectos especiais e que adaptará ao cinema o clásico conto de fadas dos irmáns Grimm Hansel e Gretel.
Joseph C. Pepe, o director de deseño de persoaxes de Avatar, será o encargado de deseñar algunhas creaturas míticas das lendas alemás que acompañarán á malvada bruxa e á súa casa de pan de xenxibre.
A longametraxe será rodada con actores reais e en localizacións en Alemaña a partir da primavera que ven. Scott Gardenhour e Kira Madallo Sesay serán os produtores.