Adiante co guión de Xerxes

796

Zack Snyder (300, Watchmen) ven de confirmar que a adaptación ao cinema da precuela do seu filme 300 está a entrar xa na vía rápida.

Nós [el e mais o seu colaborador no guión de 300, Kurt Johnstad] pechamos o trato co guión de Xerxes. Comezamos a escribir hai unha semana. Así que estamos a face-lo. Está a acontecer“, dixo Snyder nunha recente entrevista a un xornal de Califórnia.

Agárda-se que Snyder sexa o director, pero ainda non hai ren pechado neste senso: “Realmente vai depender do que os estudos queiran facer e o que fagamos nós cando rematemos, non teño un acordo de dirección vixente pero estamosa redacta-lo, así que cháma-o intento“, dixo Snyder.

O cómic Xerxes, orixinal de Frank Miller, está por ser publicado nos vindeiros meses, e vai sobre Temístocles e a batalla de Artemísia. Dado que os acontecementos entrecrúzan-se dalgún xeito cos de 300, Snyder confirmou que o estilo visual do filme será o mesmo que o da película orixinal.