Astro City ao cinema

0
182

A produtora Working Title ven de anunciar a adaptación ao cinema da série de banda deseñada da Image Comics gañadora de numerosos prémios Astro City, orixinal de Kart Busiek e debuxada por Alex Ross e Brent Anderson. A série é famosa pola súa publicación irregular, que escomezou en 1995 e que editou o que é polo de agora último episódio en maio de 2010.

A história vai sobre catro superheroes principais – Samaritan, Winged Victory, Hanged Man e Jack-in-the-Box – que patrullan os ceos, protexen á cidade e apoian á xustiza. Mentres tanto, a xente normal ten que aturar unha vida chea de perigos e de marabillas, coas súas vidas interactuando coas dos poderosos heroes.

O mesmo Busiek escribiu un esbozo de guión e será o produtor executivo.