Brad Pitt nas Guerras Zombis

0
168

Brad Pitt está xa oficialmente vencellado para protagonizar a adaptación ao cinema da novela de Max Brooks World War Z para a Paramount Pictures e mais a Plan B (a produtora do mesmo Pitt).

Ambientada unha década após de que un virus convertera a maior parte da povoación do planeta en zombis, a história vai sobre un xornalista que entrevista a distintos suxeitos por todo o mundo sobre as súas experiéncias durante a “guerra dos zombis” ou Guerra Mundial Z. O libro combina elementos de sátira política, guerra e terror e explora como várias nacións, governos e indivíduos responderían á crise.

A Paramount seica se fixo ademais de cos dereitos para o cinema desta novela, cos dereitos doutras dúas para senllos proxectos, incluindo The Zombie Survival Guide e The zombie Survival Guide: Recorded Attacks. Marc Forster (Quantum of Solace) será o director.