Sam Worthington en Dan Dare

0
179

A Warner Bros. Pictures ven de pechar o trato co actor australián Sam Worthington (Avatar, Clash of the Titans) para que protagonice a adaptación ao cineme do clásico cómic inglés Dan Dare.

A série de cómic, que moitos describen coma o Buck Rogers inglés, comezou a se editar nos anos 50 e sempre salientou-se polos seus complexos argumentos, os diálogos intelixentes e mais o deseño artístico. Ao longo dos anos pasou por moitas fases, de alzas e caídas na súa popularidade, ainda que con cambios no seu tón, coma o que lle deu na década dos 90 o artista Grant Morrison, que introduciu duras e escuras críticas ao thatcherismo.

Mália a súa longa história de grande éxito no seu país natal, a franquía nunca tivo grande sona fóra do Reino Unido, un mercado que por outra banda está totalmente controlado polos títulos americanos (Batman, Superman, X-Men) e mais algúns poucos éxitos europeos (Tintín, Astérix).

A mais recente encarnación de Dan Dare foi a minisérie escrita por Garth Ennis en 2008 e que servirá de base para o desenvolvemento deste proxecto no cinema. Basil Iwanyk (Clash of the Titans) será o produtor.