Johansson úne-se a Gravity?

0
187

Scarlett Johansson chegou a un “acordo verbal” para protagonizar o filme épico de ciéncia-ficción Gravity, dirixido por Alfonso Cuarón para a Warner Bros. Pictures e mais a Legendary Pictures.

Ambientada nunha misión de reparación en órbita, a história céntra-se nun astronauta home (Robert Downey Jr.) e mais nunha astronauta muller (Johansson) que están fóra da nave cando o lixo espacial procedente dun satélite destruído ameaza ao resto da tripulación da nave.

Orixinalmente desenvolvido pola Universal, Angelina Jolie foi a actriz que estivo vencellada ao papel protagonista até hai unhas semanas, pero tivo que deixa-lo xusto cando a Universal abandoou o proxecto.

Cuarón (Fillos dos Homes, Harry Potter e o Prisoneiro de Azkaban) será o director e é o autor do guión xunto ao seu fillo Jonás. A rodaxe escomezará dentro duns días en Londres.