Pelexa por Lobeto

1008

Matt Reeves (Let Me In, Cloverfield) e mais Tony Scott (Deja Vu, Top Gun) son arestora os dous máximos candidatos para se facer coa cadeira de director do vindeiro filme de Lobeto, a secuela do éxito do ano pasado que confirma que os mutantes non só están de moda e deixan moitos cartos, senón que as grandes figuras de Hollywood anceian poñer un pé dentro.

A parella superou nas apostas a outros grandes talentos que tamén tiñan intención de dirixir ao Home X, coma Kathryn Bigelow (The Hurt Locker), Timur Bekmambetov (Wanted) e Daniel Espinosa (Snabba Cash).

Wolverine 2 estará baseada nunha história orixinal de Frank Miller e Chris Claremont e está ambientada principalmente en Xapón. A rodaxe estaba prevista para escomezar en xaneiro, pero probábelmente adiará-se.