Enterrado nos EE.UU.

0
214

O seu nome é Rodrigo Cortés e en 2006 debutou co filme Concursante. Nombergantes, non foi até 2010 cando a súa segunda película, Buried (Enterrado) conseguiu facer-se co favor unánime da crítica após de seu paso polo festival Sundance.

Este cineasta español, até de agora semidescoñecido, ven de pasar a engrosa a lista dos dez directores que merecen ser seguidos con atención, segundo a revista americana Variety. Ademais, a sua longametraxe converteu-se na produción española cuxa estrea contará cunha maior dimensión internacional, por diante de Os Outros ou Planet 51.

O filme, que está protagonizado por Ryan Reynolds, será estreado o vindeiro 24 de setembro nas principais cidades dos Estados Unidos e en outubro chegará a mais de 2.000 salas daquela país e a outras tantas espalladas por todo o mundo. A Galiza non chegará como moi cedo até o vindeiro 1 de outubro.

Enterrado é un filme de terror e baséa-se na história de Paul, un conductor de autobús que esperta encerrado nunha caixa e conta só coa axuda dun chisqueiro e do seu teléfone móbil para escapar.