Rihanna e os barquiños

699

A cantante pop Rihanna fará o seu debut coma actriz no filme que adaptará ao cinema o popular xogo dos barquiños, o thriller de acción Battleship da Universal Pictures.

A história vai sobre unha xigantesca aventura naval por todo o mundo, no mar e no ceo, onde as forzas armadas do noso planeta deben enfrontar-se a unha flota alieníxena.

Taylor Kitsch (Wolverine) será o comandante naval Alex Hopper, mentres que Alexander Skarsgard (True Blood) interpretará ao irmán de Alex, un duro oficial da Mariña a quen Alex ten coma heroe.

Jon e Erich Hoeber escribiron o guión, mentres que Peter Berg (Hancock, The Kingdom) será o director. A rodaxe arrinca o vindeiro 30 de agosto en Hawaii.