Kosinski e o Esquecemento

0
174

O director de Tron Legacy Joseph Kosinski está a contemplar a posibilidade de pasar ao cinema un guión baseado na súa vindeira novela gráfica Oblivion (Esquecemento), que escribiu para a editorial Radical Publishing.

Ambientada nun futuro apocalíptico onde a maior parte do mundo vive no ceo, debido a que a superfície da Terra se fixo inabitábel, está protagonizada por un soldado atrapado no chan ocúpa-se do seu traballo coma reparador de drones de caza, encargados de buscar e destruír aos membros dunha salvaxe raza alieníxena.

O soldado decatará-se da existéncia dunha fermosa muller cuxa nave estrelou-se preto e xuntos escomezan unha aventura épica. Seica a Disney ten postos os ollos sobre o guión e podería animar-se a produci-lo.