Nick Cave e O Corvo

1229

O músico e guionista australián Nick Cave (The Proposition) ven de se converter no novo encargado de escribir a nova versión de O Corvo, o relanzamento da popular franquía de fantasía e mistério por parte da Relativity Media.

O director Stephen Norrington (Blade) escribira o anterior guión, que levaba a acción entre os desertos do sureste dos Estados Unidos e unha localización mais urbán.

Estas novas chegan pouco despois de que Guillermo Del Toro revela-se na recente Comic Con que Cave será o encargado de compoñer a música dun filme escuro rodado coa técnica de stop-motion e baseado no clásico Pinocho, que Gris Grimly codirixirá.