A secuela de Green Hornet

0
191

O guionista de Green Hornet, Evan Goldberg (Superbad, Pineapple Express), ven de revelar que mesmo que ainda fallan moitos meses para a estrea do filme, xa hai plans avanzados para escomezar a facer unha secuela.

Ocurríu-se-nos unha ideia, pero quen sabe… Non fas un filme coma este sen considerar unha secuela. Si, temos o argumento enteiro xa planeado, que é o que teríamos feito en primeiro lugar“, dixo Goldberg.

O produtor Neil Moritz e mais o director Michel Gondry pola súa banda non teñen tanto optimismo, ou alomenos nas últimas semanas deixaron ver que a posibilidade é moi dubidosa, e que só se discutiron algunhas ideias.

Tamén revelou-se que a Sony non estaba a prol de contratar a Gondry ao princípio, pero cando rodou e presentou unha escea de loita para o filme “ningún de nós vira antes nada coma iso… el chegou e deixou alucinados a todos, amosando que sabe facer acción“, dixo Goldberg.