Chega o Freakshow

0
198

O guionista Mark Protosevich (Thor, I Am Legend) ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a vindeira minisérie de banda deseñada de David Server e Jackson Lanzing Freakshow e podería estar interesado en dirixir el mesmo a adaptación.

Protosevich escribirá o guión, que narra a história de cinco rapaces que se converten en mutantes após dunha cataclísmica explosión química. O grupo debe decidir se usar os seus novos poderes para salvar a cidade ou para se vingaren dos responsábeis.

Sheldon Turner e Jennifer Klein serán os produtores.