Proxecto Álien Confidencial

0
211

A Paramount Pictures e mais a Platinum Dunes veñen de se faceren cos dereitos para o cinema sobre un guión orixinal de Bobby Glickert do que non se sabe moito, pero que polo de agora leva o título provisório de Confidential Alien Project.

A história vai sobre abducións por extra-terrestres, pero non hai mais detalles dispoñíbeis. Glickert escribiu un boceto con algunhas ideias e un teaser-tráiler de dous minutos de duración, e iuso abondou para convencer aos executivos da Platinum Dunes.

O proxecto está agora á procura de guionistas. Michael Bay, Brad Fuller e Andrew Form serán os produtores.