Timberlake é "I'm.mortal"

785

O músico e actor americano Justin Timberlake ven de recibir unha oferta para facer o papel masculino principal na vindeira película de ciéncia-ficción de Andrew Niccol (Gattaca) I’m.mortal para a 20th Century Fox, a New Regency e mais a Strike Entertainment.

A história está ambientada nunha sociedade onde a xente acadou grazas á enxeñería xenética deixar de envellecer aos 25 anos e o tempo é a nova moeda de troco para todos. Os ricos son prácticamente inmortais, mentres que a maioría da xente loita para se facer cun pouco de tempo extra mentres poidan.

Timberlake interpretaría a un rebelde nun gueto, acusado falsamente de asasinato e obrigado a se agochar xunto a unha fermosa e rica prisioneira (Amanda Seyfried). Obviamente, entre eles xurdirá o amor.

Niccol será o director a partir dun guión que el mesmo escribiu e agarda poder escomezar a produción antes de finais de ano. Eric Newman e Marc Abraham son os produtores.