Dende que deixou O Hobbit, o novo proxecto de Guillermo del Toro é un tema de conversa tan popular coma a aliñación da nosa equipa de fútbol. E entre todos os proxectos que se lle axudican, a adaptación o cinema do clásico de terror de H.P. Lovecraft Nas Montañas da Loucura é o favorito de case todos os afeccionados. A novidade é que o director de Avatar, James Cameron, podería entrar no proxecto coma produtor.
Ainda que Del Toro non quixo ser moi específico nas súas recentes aparicións, e especialmente no decurso da recente Comic Con, o rumor vai cobrando forza porque o seu nome semella vencellado a moitas vindeiras producións, pero coma director, ainda está por se dicir a última palabra. Nas Montañas da Loucura é un proxecto que leva moito tempo soando e coa axuda de Cameron para converte-lo en 3D, podería ser sinxelamente espectacular.
Na novela de Lovecraft, unha expedición científica á Antártida fai un importante descobremento sobre a orixe da humanidade e sobre os seres que povoaron o noso planeta moitos millóns de anos antes da nosa chegada. O problema escomezará cando eses seres, mortos hai eóns, comecen a espertar.
A novela converteu-se en guión de cinema en 2004, cando Del Toro traballaba para a DreamWorks. O mesmo Del Toro e mais Matthew Robbins escribiron o libreto, que agora queren retocar. O proxecto pasou ás mans da Universal cando Del Toro chegou a un acordo con eles en 2007, a cámbio de recebir a luz verde para rodar Hellboy 2. Os plans nombergantes semellaron ficar aparcados cando Del Toro escomezou o seu traballo con O Hobbit.
Entre os filmes que soan para Del Toro están os proxectos de levar ao cinema a novela de Mary Shelley Frankenstein e mais a de Kurt Vonnegut Slaughterhouse-Five.