Abrams e o steampunk

813

J.J. Abrams está a desenvolver unha longametraxe inspirada no steampunk e titulada Boilerplate para a súa produtora Bad Robot company e mais para a Paramount Pictures.

Baseada na novela gráfica orixinal homónima de Paul Guinan e Anina Bennett, a história vai sobre o primeiro robot do mundo, que loitou xunto a Teddy Roosevelt e Lawrence de Arábia, viaxou á Antártida e estivo vencellado ao negócio do primeiro cinema mudo, antes desesaparecer no decurso da Primeira Guerra Mundial.

O steampunk é un sub-xénero da ciéncia-ficción, froito dun século XIX imaxinário e anacrónico. Os seus mundos están ambientados nunha época onde aínda empréga-se amplamente a enerxía do vapor — usualmente no século XIX e decote na Inglaterra vitorián —, pero con elementos que proveñen da ciéncia-ficción ou da fantasía, inventos tecnolóxicos fictícios coma os das obras de H.G. Wells ou desenvolvementos tecnolóxicos reais coma os computadores. O subxénero é asociado decote co cyberpunk, co que comparte unhas bases semellantes de fans e temática de rebelión, pero coma movemento separado.

Outros exemplos de steampunk conteñen presentacións de histórias cunha fasquía tipo “o que acontecería se” certa tecnoloxía fose desenvolta naquela época até as súas derradeiras consecuéncuas, coma os dirixíbeis, os computadores analóxicos ou os de mecánica dixital (coma a máquina analítica de Charles Babbage).

Deborah Newmyer (The Ugly Truth) producirá o proxecto.