Remake de Desafío Total

335

Len Wiseman (Underworld, Live Free or Die Hard) está en negociacións moi avanzadas para se converter no vindeiro director do remake do clásico filme de ciéncia-ficción Desafío Total (Total Recall) que Arnold Schwarzenegger protagonizara en 1990 para a Sony Pictures.

Baseado nun conto orixinal de Philip K Dick titulado We Can Remember It for You Wholesale, a nova versión será desenvolvida coma unha adaptación contemporánea da história, segundo a nota de prensa oficial da Sony.

Kurt Wimmer está a escribir o guión e Neal H. Moritz será o produtor.