Rodriguez quere facer Deadpool

0
183

O cineasta texano Robert Rodriguez está en “negociacións activas“, segundo palabras do seu representante, para se facer coa cadeira de director na 20th Century Fox para o filme Deadpool, que será un spin-off do filme de mutantes Wolverine.

Xa no decurso da recente Comic Con a pasada fin de semana, Rodriguez dixera que recebira un guión asinado por Rhett Reese e Paul Wernick, pero que ainda non se decidira a aceptar a oferta de dirixi-lo.

Ryan Reynolds repetirá o mesmo papel de mercenário que interpretara en X-Men Origins: Wolverine. De chegar a bó porto as negociacións, Rodriguez incorporaría-se ao proxecto unha vez que remate Spy Kids 4: Armageddon que está a dixiri agora mesmo.