Adéus ao guionista de Superman e James Bond

0
241

O guionista americano Tom Mankiewicz, fillo de Joseph L. Mankiewicz e sobriño de Herman Mankiewicz, finou o pasado sábado en Los Angeles após dunha carreira na que constan fitos coma Superman.

Tom Mankiewicz nacera o 1 de xuño de 1942 en Los Angeles e proviña dunha família de orixe polaca que chegou a ser unha das grandes institucións do Hollywood das estrelas. O seu tío Herman escribira o guión de Cidadán Kane e seu pai, Joseph L. Mankiewicz, dirixiu títulos clásicos coma Todo sobre Eva ou Cleopatra. Seguindo a tradición familiar, Tom Mankiewicz adicou-se ao mundo do espectáculo e chamou a atención dos grandes estudos pola súa adaptación para Broadway da história de Georgy Girl. Debutou como guionista de televisión co show de Bob Hope en 1966 e pasou-se á pantalla grande con The Sweet Ride.

En 1971, grazas a Os diamantes son para sempre puido demostrar pouco despois a sua habilidade para traducir á linguaxe cinematográfica a acción escrita por Ian Fleming para o seu axente James Bond, algo que volveu facer en Vive e deixa morrer e O home da pistola de ouro, así coma de xeito non oficial en A espía que me amou e Moonraker.

Richard Donner contou con el para as dúas primeiras entregas de Superman protagonizadas por Christopher Reeve e mais o clásico Lady Falcón, con Michelle Pfeiffer. E coma director chegou facer algúns filmes fantásticos, coma Delirious (con John Candy) ou un episódio de Contos da Cripta (1991).