Sommers entra en G.I. Joe

0
202

Stephen Sommers (A Múmia, Van Helsing) semella interesado en lle dar un arriscado xiro á súa carreira ocupándo-se da cadeira de director na secuela de G.I. Joe que está a preparar-se na Paramount PIctures.

Rhett Reese e Paul Wernick (Zombieland) escribiron o guión, mentres que Channing Tatum repetirá probábelmente o seu papel de capitán Duke Hauser nesta segunda parte do filme que o ano pasado foi masacrado pola crítica pero que ainda así acadou unha recadación próxima aos 300 millóns dedólares en todoo mundo.

Ainda non se sabe nin unha palabra sobre se regresará o resto dos membros do reparto da primeira parte. Sommers e Lorenzo di Bonaventura serán os produtores.