Babar desembarca no cinema

0
204

Temple Hill, a compañía produtora responsábel dos filmes da saga de Twilight, está a planear o desenvolvemento outra franquía, tamén chea de profundos valores cristiáns, pero esta vez incorporando aos mais cativos da casa, concretamente co elefantiño Babar coma protagonista.

Babar é o protagonista dunha saga de libros para nenos, creados polo escritor francés Jean de Brunhoff. Tráta-se dun elefantiño que deixa a selva para ir vivir a unha grande cidade, e logo regresa coa lección aprendida no mundo occidental para se converter no rei dos salvaxes. A Temple Hill pechou o trato recentemente coa Nelvana, a editorial dona dos dereitos literários, así coma coa The Clifford Ross Company, para poder adaptar ao persoaxa á pantalla grande.

Marty Bowen e Wyck Godfrey son os produtores deste proxecto, que polo de agora ten a intención de se converter nunha comédia familiar que misturará acción real con persoaxes xerados por computador.