Kurt Russell viaxa no tempo

0
185

Os soporíferos filmes de viaxes temporais que se prodigaron nos anos 80 semellan estar a ter unha segunda oportunidade, e así, Kurt Russell interpretará a un adestrador de fútbol americano nun instituto de ensino secundário en Touchback, un filme que producirá a Freedom Films.

Brian Presley é un granxeiro e bombeiro sen sorte, cuxa prometedora carreira coma xogadore de fútbol americano chega a un remate inesperado por mor dunha lesión sufrida no decurso dun partido dos playoffs. Pero un día atópa-se que volveru atrás no tempo e que ten a oportunidade de elixir como quere que sexa o resto da súa vida.

Melanie Lynsky e Christine Lahti (Obsessed) son as outras estrelas deste filme, que conta cun guión de Don Handfield que el mesmo dirixirá. A rodaxe escomezou esta semana en Michigan.