Kurt Russell, pai dos Gardiáns

1323

Kurt Russell é polo de agora o actor con mais papeletas para se facer co posto de pai de Peter Quill (Star-Lord), o persoaxe interpretado por Chris Pratt na vindeira entrega de Guardians of the Galaxy na Marvel Studios.

O actor polo de agora tan só confirmou que recebira unha oferta, pero seica a Marvel e mais o director James Gunn son optimistas respeito a acadar un acordo satisfatório para ambas as dúas partes.

A relación de Quill co seu pai alieníxena era un dos puntos clave da primeira parte e será unha das cousas nas que se enfoque mais a nova entrega. Gunn regresará coma director e guionista desta saga, que recadou o ano pasado 774 millóns de dólares e unhas magníficas críticas da prensa.

Pratt, Zoe Saldana, Dave Bautista e mais as voces de Bradley Cooper e Vin Diesel teñen previsto volver para a secuela, xunto á canadiana Pom Klementieff. A rodaxe escomezará a primeiros de 2016 e ten prevista a estrea para o 5 de maio de 2017.