Caruso fala de Dead Space

0
204

O director D.J. Caruso (Eagle Eye, Disturbia) revelou nunha recente entrevista que a adaptación ao cinema do videoxogo de ciéncia-ficción e terror Dead Space ainda está a dar os seus primeiros pasos.

O xogo está ambientado no século XXVI no espazo profundo, onde un enxeñeiro que responde a un sinal de socorro dunha nave mineira atopa o interior infestado con monstrosas creaturas chamadas necromorfos. As creaturas son cadáveres humans, reanimados por un virus alieníxena.

Ainda non temos un guionista para isto, pero… xusto antes de marchar estabamos a escoitar a distintos escritores e collendo algúns guións. Temos que decidir-nos por un par unha vez que saibamos o que imos facer. Tentamos rachar a história de xeitos diferentes. Sinto que poderemos ter un guión nuns poucos meses“, dixo Caruso. Seica a ideia coa que contan en princípio é a de facer unha precuela, que convenza aos estudos de que o filme non será unha segunda Event Horizon.