Os derradeiros "Vamps"

0
185

Wallace Shawn, Justin Kirk, Dan Stevens e Todd Barry son os últimos nomes que veñen de se unir ao reparto da comédia de vampiros Vamps que está a desenvolver a Red Hour Films.

A história vai sobre dúas fermosas vampiresas (Alicia Silverstone e Krysten Ritter) que disfroitan da vida noiturna en New York até que un amor humán ameaza con separar a súa amizade e con rematar coa súa inmortalidade.

Sigourney Weaver, Kristen Johnston e Richard Lewis son os outros protagonistas. A directora e guionista de Clueless (Fuesa de onda foi o seu título español) Amy Heckerling será quen dirixa o proxecto, que comezou xa a se rodar esta semana en Detroit. Molly Hassell, Ben Stiller e Stuart Cornfeld son os produtores.