A compañía hispano-galega Filmax, adicada á creación, produción, distribución e exhibición de contidos audiovisuais, ven de presentar esta semana concurso voluntário de acreedores no xulgado mercantil número 4 de Barcelona cun pasivo de 174 millóns de euros, após de non lograr chegar a un acordo coas entidades financeiras.
Fontes do grupo explicaron que o concurso afectará a Filmax Entertainment, a empresa matriz, así como ás suas participadas Sogedasa, Castelao Productions, Bren Entertainment, Filmax Animation e Filmax Pictures.
Nombergantes, non ficará afectada, ao non ser avaladora da débeda, Castelao Pictures (que está a rodar agora mesmo os filmes Copico de Nieve, de Andrés G. Schauer, e Mientras Duerme, de Jaume Balagueró, así como a série de televisión Pulseras vermelles).
Tampouco entraron no concurso Produccións A Fonsagrada, con sede en Galiza, nin os multicinemas Pedrosa (na provincia de Barcelona) nin Filmax Lalin, que xestiona salas de cinema n’A Coruña.
As devanditas fontes afirmaron que dende que en 2009 se asinara a refinanciación da compañía, o grupo xa levara a cabo un plan de reestruturación que custou o posto de traballo á metade da plantilla (200 empregados). A intención da compañía, mália todo, é continuar cos seus servizos posto que “a produción, as vendas internacionais e a exhibición van ben“.
O problema, segundo o lugués Julio Fernández, presidente da Filmax, é a Internet, a piratería e as descargas, que segundo dixo, son “parásitos” contra os hai que loitar “cos mesmos médios que cos que se loita contra pederastas e terroristas“.