Tarantino relanza A Sombra

0
171

Diversos médios informan que Quentin Tarantino ven de ficar vencellado ao relanzamento de The Shadow (A Sombra), actualmente en desenvolvemento na 20th Century Fox.

Sam Raimi e posteriormente David Slade foran os outros directores cuxos nomes foran vencellados ao proxecto cando ainda estaba nas mans da Sony Pictures. Pero cando a Sony vendeu os dereitos a primeiros deste ano á Fox semellaba que Raimi ainda ía ser alomenos o produtor.

As devanditas fontes din que Tarantino está agora mesmo a reescribir o guión de Siavash Farahani. Se iso fora certo, sería unha enorme sorpresa, xa que Tarantino fora anteriormente relacionado con outros proxectos, pero o seu nome nunca aparecera coma candidato a dirixir A Sombra antes.

The Shadow debutou en 1931 nun programa de rádio da CBS e ía sobre as aventuras dun loitador contra o crime que se agocha após dun chapeo e mais unha capa, e que ten o poder de nublar o pensamento da xente.

O persoaxe foi acadando mais e mais popularidade até se converter nun dos grandes heroes do pulp de todos os tempos, aparecendo en moi diversos médios e tendo unha série detelevisión de seu, dende onde influiu a outros persoxes de cómic coma Batman ou o Darkman de Sam Raimi. Alec Baldwin, Penelope Ann Miller, Tim Curry e Ian McKellen protagonizaron a anterior adaptación ao cinema, realizada en 1994.