Peoples n'A Guerra Eterna

0
187

Ridley Scott e David Webb Peoples volverán unir as suas forzas na adaptación ao cinema do clásico libro de Joe Haldeman The Forever War.

O escritor Joe Haldeman confirmou que David Webb Peoples, o guionista de éxitos clásicos coma Blade Runner e Doce Monos, será o encargado de escribir a adaptación da sua famosa novela. Peoples estivo bastante inactivo durante os últimos anos, pero conta cun excelente currículo, no que xa amosou ter bó gusto para adaptar outras obras da ciéncia-ficción no pasado.

Iniciada en 1997, a guerra dos humanos contra os taurinos prolónga-se a través dos séculos. Como se moven dun mundo a otro a velocidades superiores á da luz, as tropas que participan nesta guerra envellecen só uns poucos días, mentres que na Terra pasan os anos e o planeta vólve-se cada vez mais irrecoñecíbel. Deste xeito, a loita mais cruel que deberán manter os soldados será a súa batalla persoal contra o desarraigo e o paso do tempo.