Cameron sobre Avatar 2

0
182

Nunha extensa entrevista concedida a paada fin de semana nunha canle de televisión, o director James Cameron confirmou que estáa traballar na secuela de Avatar, ainda que hai algo mais nese universo que está a chamar a súa atención.

Avatar 2… ainda estamos a traballar nos contratos. Non escomezaremos a película até que os contratos estean asinados. Estou tomando notas. Non estou a rañar o bandullo… Pero realmente, no que estou a traballar mais é na novela“.

O atraso de Cameron en lanzar a novela de Avatar é debido a que “non quero facer unha novelización cursi, onde chegue aún escritorciño malo e o fastídie todo. Eu quería facer algo que fose unha novela lexítima que entrara na cabeza dos persoaxes e non tivese unha cultura enganada, a linguaxe equivocada, todo iso“.

Tamén falou sobre a posibilidade de facer as dúas vindeiras entregas de Avatar xuntas, algo que non é tan estresante coma soa debido ao estilo de produción: “Realmente estamos a falar sobre iso. Ainda non hai unha decisión. É algo que ten moitísimo sentido, dada a natureza destas producións, porque podemos gravar toda a captura de movementos e logo volver e filmar durante un periodo de tempo“.