Quantum Leap ao cinema

0
181

O actor Scott Bakula ven de confirmar que xa están a traballar nun guión para o cinema que adapte e relance a série de televisión Quantum Leap (Salto no tempo, na súa versión galega).

Falando sobre iso a pasada semana no decurso da Comic Con, Bakula dixo que o creador da série, Donald P. Bellisario, está a “traballar no guión do filme e conta cun gran produtor de Hollywood que quere face-lo… Don dixo que mentres estaba a escribi-lo, tiña grandes problemas para me quitar a min e mais a Dean da cabeza. Pero sei que ao final acadará-o“.

Por suposto os papéis que el e mais Dean Stockwell interpretaron na série orixinal, que ía sobre saltos cuánticos no tempo, irán destiñados a actores mais novos, pero Bakula anceia participar dalgúnxeito na produción e dixo que “Dean e mais eu teremos algún papel dalgún xeito“.