Unha novela de Neil Gaiman, aos videoxogos

0
194

A capa do cómicO aclamado escritor de cómics e novelas Neil Gaiman, autor de obras tan prestixiosas coma Sandman, verá como unha das suas creacións será convertida nun videoxogo.

A obra en cuestión será a novela Coraline, que chegará ás consolas de sobremesa e ás portátiles inspirándo-se sobre todo na longametraxe homónima que está prevista para 2009.

A historia narra como unha nena descubre unha porta máxica a outro mundo que é o dobre do seu, cun dobre da sua casa e mesmo dos seus pais, pero todo cun toque máis sinistro do normal. Entre os moitos detalles arrepiantes do mundo paralelo, todas as persoas teñen botóns cosidos sobre os ollos.

Ao se tratar dunha licencia cinematográfica, é moi probábel que o xogo vexa a luz en 2009, con pouca diferenza de tempo respeito á estrea da película.