Waltz preto do Lagarto

0
227

O gañador dun Oscar Christoph Waltz está a manter conversas para interepretar ao Lagarto, o suposto adversário do lanzarredes na vindeira pelícual que relanzará no cinema a Spiderman na Sony Pictures.

Nos cómics, Curt Connors é un cirurxán de Florida que perdeu un brazo mentres estivo no Exército. Cando regresa á vida civil como membro dunha equipa de investigación, intenta rexenerar o seu brazo perdido usando un experimento con lagartos. O procedemento sae mal e converte-se no Lagarto.

O outro coprotagonista de Inglourious Basterds, Michael Fassbender, xa estivera anteriormente vencellado a este mesmo papel, pero finalmente decediu-se por interpretar a Magneto en X-Men: First Class na Fox.

Andrew Garfield (Spiderman) é polo de agora o único confirmado para este filme, que dirixirá Marc Webb.