Cillian Murphy, outro I'm.mortal

0
235

Cillian Murphy (Inception, Batman Begins) ven de se unir ao reparto de actores que interpretarán aos personaxes do vindeiro filme de ciéncia-ficción de Andrew Niccol, I’m.mortal, na 20th Century Fox, a New Regency e mais a Strike Entertainment.

A história está ambientada nunha sociedade futura onde a xente conta coa tecnoloxía xenética para evitar envellecer alén dos 25 anos, polo que o tempo converte-se de feito na moeda de troco. Os ricos son case inmortais, mentres que o resto da xente debe loitar por acadar un pouco mais de tempo.

O cantante e actor Justin Timberlake interpretará a un rebelde dun gueto acusado inxustamente de asasinato e que é obrigado a se agochar xunto a unha refén rica e fermosa (Amanda Seyfried). Axiña xurdirá o amor entre eles.

Murphy interpretará a un oficial da Timekeepers que é “tan preciso coma o tempo que garda“. Niccol (Gattaca, S1m0ne) dirixe a partir dun guión que el mesmo escribiu. A rodaxe dará comezo en setembro, coa produción de Eric Newman e Marc Abraham.