Após de pasar moito tempo no limbo, o musical Spider-Man Turn Off the Dark está por fin na axenda de estreas para finais deste ano en Broadway.
O produtor Michael Cohl anunciou o martes que o espectáculo longamente agardado comezará as representacións de proba o vindeiro 14 de novembro e a estrea oficial será o 21 de decembro. O teatro que o acollerá será o antigo Hilton, agora renomeado a Foxwoods.
Baseado no heroe dos cómics da Marvel, o musical Spiderman incorpora música e letras de Bono e The Edge, cun libreto do seu director, Julie Taymor, e Glen Berger.
Destinada a se converter nunha das postas en escea mais caras de toda a história dos musical de Brodway, estiveron a traballar nela durante seis anos e pasou por moitos atrancos económicos. O pasado inverno chegou-se a anunciar a súa estrea, que finalmente adiou-se até este ano.