Após do escaso éxito do seu recente filme Knight and Day, Tom Cruise está disposto a volver ás carteleiras cunha nova película da saga de Misión Imposíbel. O actor está a pensar nun novo filme cheo de acción e no que o seu íntimo amigo, o ex-futbolista David Beckham, encaixaría á perfección.
Cruise quere volver aos seus mellores anos facendo “a maior e millor película de acción de todos os tempos“, Misión Imposíbel 4. Fontes próximas ao actor explicaron que está a planear escenas espectaculares e incríbeis cheas de acción.
Pero o que Cruise quere, segundo estas mesmas fontes, é contar con grandes estrelas e con xente coñecida. Por elo suxire que David Beckham podería facer un pequeno cameo no filme, algo que sexa importante para o argumento.
“David é unha grandísima estrela cun enorme seguimento mundial e moita xente gostaría de ve-lo nunha película“. Ademais, Cruise confesou recentemente que Beckham ten “a fasquía axeitada” para dar o chimpo a Hollywood e converter-se nunha grande estrela do cinema: “Estiven animándo-o a que se converta e nactor. Ten o tipo, ten-o todo, sería estupendo“.