A Paramount Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a novela de Daniel LuVisi Last Man Standing: Killbook of a Bounty Hunter. A novela é un libro de mesiña de café, un término aplicado aos libros de grande formato e tapa dura onde o seu deseño e edición, con abondosas ilustracións, teñen mais importáncia que os textos. Este tipo de libros teñen grande auxe comercial coma regalos e converteron-se en artigo de decoración nas casas, onde adoitan exhibir-se nas mesiñas de café, no canto de estaren nos andéis.
O pesado tomo é un libro cheo de ilustracións, que ven acompañado dunha novela gráfica ainda non publicada e mais dun sítio Web. A história céntra-se en Gabriel, un cazarrecompensas que foi creado por un fabricante de armas para ser un soldado nun exército de elite coñecido coma “os Paladíns”.
Gabriel será enganado e encarcerado pero logra fuxir e chega a un lugar chamado Nova Amérika. Mentres tenta aprender quen o enganou, deberá gañar-se a amizade dos extranos e coloridos habitantes deste lugar, seres modificados xenéticamente coma homes tiburón, ninjas e rapazas de revista.
LuVisi e Scott Aversano serán os produtores. A Paramount gañou os dereitos nunhapoxa na que bateu á Warner Bros. e mais á Summit Entertainment.