The Last Call, outra adaptación ao cinema

0
193

The last CallA série de novelas graficas The Last Call, do autor Vasilis Lolos e editadas pola Oni Press, será levada á pantalla grande e desenvolvida pola Universal Studios. Evan Spiliotopoulos será o encargado de adaptar as novelas graficas.

The Last Call céntra-se en dous rapaces que viaxan en coche sen permiso e que son golpeados por un tren, que é en realidade un portador de almas interdimensional. Eles atoparán-se atrapados no tren sen posibilidade de escapar e sen billete, o cal será un problema cando o condutor do tren comeza a se recuperar. Na súa procura dunha saída descubrirán pistas que os levaran até os vagóns máis profundos do tren pero tamén no camiño dun asasino.

Coma avance, xa que a novela gráfica non está editada en Galiza, podedes ler as primeiras 38 páxinas da mesma no sítio Web da Oni Press.