Karl Urban ven de ser confirmado oficialmente coma o protagonista do relanzamento do Xuíz Dredd, que levará unha vez mais as aventuras do lendário persoaxe do cómic á pantalla grande.
Urban estivera en boca de todos os rumores dende había meses, pero os produtores Andrew Macdonald e Allon Reich non quixeron confirmar a nova até esta fin de semana.
Asemade, falaron brevemente sobre os seus plans para o tón do filme: “a nosa ideia é facer un filme de Dredd en Megacity moi duro, para maiores de 18, rochoso, realista, así que temos que dar co tón axeitado. O xuíz non se vai sacar o casco. A súa moto vai ser real. Vai bater na xente e vai-se sentir coma real“.
Pete Travis dirixe este proxecto que non estará baseado en ningún cómic concreto e que contará con boa parte da equipa de rodaxe de District 9. A filmación dará comezo en Johannesburg a finais deste ano.