Hartnett viaxa no tempo

0
162

Josh Hartnett e mais o director Paul McGuigan (Lucky Number Slevin, Wicker Park) volverán unir as súas forzas unha vez mais no thriller de viaxes polo tempo Tomorrow que producirá a Worldview Entertainment.

Michael Gould escribiu o guión, que seica vai sobre un home que viaxa atrás e adiante no tempo e no espazo, tentando evitar o asasinato da súa família.

A rodaxe está prevista para escomezar a finais deste ano en Louisiana.