Byrne coa Patrulla X

0
195

A actriz australián Rose Byrne (Damages) está a negociar a súa incorporación ao filme dirixido por Matthew Vaughn X-Men First Class que produce a 20th Century Fox e no que podería interpretar a Moira MacTaggert, a científica e experta en mutacións xenéticas que é a namorada de Charles Xavier (James McAvoy).

Pola súa banda Jason Flemyng (Clash of the Titans, Kick Ass) ven de ser contratado para facer o papel do mutante con poderesde teletransporte Azazel neste mesmo filme.

O persoaxe era o líder unha antiga raza de mutantes que semellaban demos e podían teletransportar-se a través doutras dimensións. Ademais é o pai de Nightcrawler (Rondador Noiturno).

A parella úne-se asemade a outros membros xa confirmados do reparto, no que figuran Michael Fassbender, Kevin Bacon, Jennifer Lawrence, Nicholas Hoult e Alice Eve. A rodaxe do proxecto escomezará en Londres a finais deste mes.