Salman Rushdie ao cinema

0
184

O actor Satya Bhabha (Scott Pilgrim) será o protagonista da adaptación ao cinema da novela de fantasía histórica de 1981 de Salman Rushdie Midnight’s Children.

A novela de Rushdie vai sobre o destino de dous nenos que nacen dentro da primeira hora da independéncia da Índia de Gran Bretaña. Bhabha interpretará a Saleem, un rapaz con poderes telepáticos que actúa coma condutor que pon en contacto a centos de nenos espallados xeográficamente.

Ademais posúe un enorme narís que está a pingar decote e ficará vencellado a cada un dos acontecementos mais sinificativos da história do subcontinente índio nos 30 anos que seguiron á súa independéncia.

O realizador afincado en Toronto Deepa Mehta (Heaven on Earth) dirixe este proxecto, que ten previsto escomezar a súa rodaxe antes de finais deste ano.