Lucas anúncia esceas inéditas de Star Wars

0
162

Os seis episódios que compoñen a saga da Guerra das Galáxias serán editados en formato Blu-Ray a finais de 2011 para coincidir co 35º aniversário da estrea da primeira película de Star Wars. E como regalo para todos os fans da saga, esta colección incluirá esceas inéditas.

Foi o mesmo George Lucas quen anunciou o lanzamento da colección definitiva de Star Wars para finais do vindeiro ano. Os filmes que se porán á venda en Blu-Ray serán as versións restautadas en 2004 da edición especial de 1997 e non as orixinais, xa que segundo indican na produtora de Lucas, rastaura-las dende o comezo sería demasiado costoso.

Lucas non chegou a dar unha data concreta e limitou-se a sinalar que será entre outubro e novembro do ano que ven: “Gostaría-me dicir que sae este ano, pero sairá o ano que ven“, sinalou o director, que tamén revelou que esta nova edición conterá esceas eliminadas das montaxes que es estrearon nos cinemas.

Haberá diferentes tipos de material extra nesta edición. Supoño que tivestes abondo esceas de após das cámaras durante estes anos, pero ainda fica bó material que se incluirá nestas edicións, incluíndo algunhas esceas eliminadas“, apuntou o dono do império de Star Wars.

De feito, ao público asistente ao acto no que Lucas realizou o anúncio aosou-se-lle unha desas esceas eliminadas. Tráta-se de pouco menos dun minuto de O Retorno do Jedi (Episódio VI) no que ademais de ver-se a Darth Vader laiándo-se de se ter que enfrontar ao seu própio fillo veremos ao xoven Luke Skywalker montar o seu sabre luz nunha caverna de Tattooine.