Jackman prepára-se para Lobeto

0
197

Mentres a secuela de X-Men Origins: Wolverine comeza a quencer motores para a súa rodaxe o ano que ven, Hugh Jackman ven de abandoar a súa participación na comédia Avon Man que estaba prevista para escomezar a se filmar o vindeiro mes de outubro.

Ainda non hai director vencellado para o proxecto mutante, que conta cun guión de Christopher McQuarrie (Sospeitosos habituais, Valkyrie). O devandito guión adaptará á pantalla grande unha das liñas argumentais mais aclamadas no cómic da Patrulla X e que vai sobre a visita de Logan a Xapón, onde se namora e aprende a loitar cos ninjas.

As últimas novas informaban que Tony Scott (Deja Vu, Taking of Pelham 123) e Matt Reeves (Cloverfield, Let Me In) eran os principais candidatos a se poñer na cadeira de director deste filme, se beno recente compromiso de Scott con Nemesis semella deixa-lo sen posibilidades. Quen xa definitivamente non será o director é Bryan Singer, quen ten na súa axenda o filme Jack The Giant Killer para o ano que ven.

Avon Man ía-se rodar esta primavera, pero foi adiada para lle deixar tempo a Jackman a rematar o seu actual traballo noutra comédia, titulada Butter. Agora, Jackman ficará vencellado a Avon Man pero só como produtor e tentará procurar a alguén que lle poida sustituír no papel de protagonista.